Si tienes un mal día

Anuncios

Os galegos escollen a música, o cine, a lectura e as visitas a monumentos

No período 2006-2011 os galegos escolleron principalmente estas preferencias culturais. Baixa o gusto polo teatro e sobe a preferencia pola música clásica. Os galegos cambian as galerías de arte pola visita aos xacementos arqueolóxicos.

Os galegos comezamos a ser un pouco máis “culturetas” aínda que seguimos lonxe da media europea. O grao de interese polas distintas actividades culturais experimenta un incremento en todas elas no período 2010-2011 con respecto a 2006-2007. As únicas actividades culturais que superan os 5 puntos son a música actual (6,5), o cine (6,1), a lectura de libros (6) e a visita a monumentos (5,4). Pola contra, as actividades menos valoradas son a zarzuela (2,6) e a ópera (2,8).

Os datos están tirados da Encuesta de Hábitos y Prácticas Culturales 2010-2011, do Ministerio de Cultura e peneirados polo Consello da Cultura Galega. Esta é unha estatística oficial incluída no Plan Estatístico Nacional que ten coma obxectivo avaliar a evolución dos principais indicadores relativos aos hábitos e prácticas culturais dos españois, xa que é a continuación da enquisa realizada en 2006-2007 e en 2002-2003.

Segundo os datos deste estudo nas actividades que corresponden á visita de museos, exposicións, galerías de arte, monumentos e xacementos arqueolóxicos, a que esperta maior interese é a dos monumentos, xa que de feito é a única que supera os 5 puntos e a súa valoración increméntase en 0,9 puntos con respecto a 2006-2007. Os museos, as exposicións e os xacementos arqueolóxicos reciben unha valoración moi semellante e en todas elas aumenta con respecto a 2006-2007. Porén, no caso dos museos a valoración é bastante inferior á que obtiña en 2002-2003, que acadou os 5,3 puntos.

Nas actividades que corresponden á asistencia a eventos de artes escénicas e musicais, é dicir, teatro, ópera, zarzuela, ballet/danza, música clásica e música actual, a que obtén maior puntuación é a música actual (6,5), seguida do cine (6,1) e o que menos interese ten e a ópera (2,8) e a zarzuela (2,6).

No tocante ao teatro, cómpre salientar que o interese que esperta entre a poboación galega aumenta un punto con respecto a 2006-2007, pero aínda así a súa valoración é 0,5 puntos inferior á que se lle outorgaba en 2002-2003.

O interese pola ópera sofre un retroceso en 2006-2007 con respecto a 2002-2003, pero en 2010-2011 o grao de interese que mostra a poboación galega por este xénero lírico experimenta un aumento de 0,8 puntos.

Coa zarzuela acontece case o mesmo que coa ópera, só que neste case a puntuación que recibe (2,6) é a mesma que en 2002-2003.

O ballet e a danza reciben unha puntuación un pouco máis alta que a ópera e a zarzuela, pero aínda así segue a ser moi baixa (3,2). Con respecto a 2006-2007 aumenta 0,8 puntos e con respecto a 2002-2003 0,2.

Música, cine e libros

Con respecto á música, dentro da categoría de artes escénicas e musicais son as que maior interese espertan entre a poboación galega. A música actual foi a actividade cultural que maior puntuación recibiu en 2010-2011 (6,5) e ademais aumentou 0,9 puntos con respecto a 2006.2007. Por outra banda, compre salientar que a música clásica, aínda que mantén unha puntuación baixa en 2010-2010 (4,7), o interese que mostran os galegos por este tipo de música foi o que máis aumentou en todas as actividades culturais con respcto a 2006-2007, concretamente 1,1 puntos e 0,6 con respecto a 2002-2003.

O cine é a segunda actividade que maior interese esperta entre os galegos e galegas despois da música actual. Concretamente obtivo 6,1 puntos de 10. O grao de interese aumentou en 0,6 puntos con respecto a 2006-2007, pero reduciuse en 0,2 puntos con respecto a 2002-2003.

Por último, a lectura de libros tamén esperta moito interese entre a poboación galega, xa que obtivo 6 puntos. Ao longo do período estudado o grao de interese mantense estable, aínda que medrou lixeiramente en 2010-2011 (0,1 puntos).

Equipamentos

Esta enquisa tamén analizou a participación dos galegos nestas actividades para contrastar se o grao de interese se corresponde coa implicación real nelas. Tamén analiza a evolución que experimenta a participación nestas actividades culturais durante o período estudado.

Así, as instalacións que máis visitas recibiron en 2010-2011 foron os monumentos (37% da poboación), seguidas dos museos (25,2%), e os menos visitados foron as galerías de arte (12,4%) e os xacementos arqueolóxicos (14,5%). Ao analizar a evolución das visitas entre 2002-2003 e 2010-2011, en liñas xerais constátase que se producen descensos importantes de visitantes en museos (case 5 puntos), exposicións e, sobre todo, en galerías de arte, que sofren unha redución de case un 44% de visitas con respecto ao período 2002-2003, aínda que a caída de visitantes entre 2006-2007 e 2010-2011 redúcese a un 10%. Por outra banda, cómpre salientar o importante aumento de visitantes a xacementos arqueolóxicos, xa que desde 2006-2007 se incrementaron as visitas nun 26,2%.

Con respecto ao grao de interese que mostran os galegos e galegas neste tipo de equipamentos culturais, observamos que o aumento de visitantes que rexistran os monumentos e os xacementos arqueolóxicos en 2010-2011, correspóndese cun aumento no grao de interese de 0,9 puntos. Porén, os museos, as exposicións e as galerías de arte, que experimentan caídas importantes no número de visitas, o grao de interese polos museos, as exposicións e as galerías de arte aumenta entre 2006-2007 e 2010-2011. De todos os xeitos, no caso dos museos, pese a experimentar unha suba importante en 2010-2011, o grao de interese é 0,9 puntos inferior ao período 2002-2003.

Por último, resulta interesante estudar a evolución da asistencia ás actividades culturais e analizar os motivos polos que a poboación galega non asiste a eles. No gráfico 3 observamos a evolución da asistencia ao cine, concertos de música actual, concertos de música clásica, ao ballet/danza, á zarzuela, á ópera e ao teatro.

Maior gusto polo cine

As actividades con maior porcentaxe de asistencia en 2010-2011 son o cine (36,5%) e os concertos de música actual (32,1%). En terceiro lugar, pero por bastante diferenza con respecto ás anteriores é o teatro (12,4%). Con respecto a 2002-2003, aumenta a asistencia a concertos de música actual (nun 14%), a concertos de música clásica (en case un 6%) e en ballet/danza (nun 14,6%).  Pola contra é moi salientable a perda de espectadores no cine (nun 26,4%) e no teatro (nun 32,6%). En menor medida descende o público de ópera e zarzuela.

Retrocesos

Por unha banda, no caso do teatro, que é a disciplina artística que sofre unha maior caída, o primeiro motivo polo que a poboación galega non asiste ao teatro é porque non ten interese (33,5%) e en segundo lugar porque hai pouca oferta (20,9%).

No tocante ao cine, a razón máis poderosa á hora de non ir ao cine é porque resulta caro (21,8%) e, en segundo lugar, porque os espectadores prefiren velo en televisión ou vídeo (16,2%). Neste sentido, poden atribuírse estes motivos a un aumento no número de descargas de películas en internet, xa que en 2006-2007 as persoas que preferían ver o cine noutros formatos diferentes a pantallas de cine ascendían só a un 11,5%.

A participación cultural foi analizada nas diversas actividades:

1. Museos, galerías de arte, arquivos e monumentos.
2. A lectura de libros e de publicación periódicas e as bibliotecas.
3. As artes escénicas e musicais: teatro, ópera, zarzuela, ballet/danza, música clásica e música actual.
4. O sector audivisual: cine , vídeo, televisión e radio.
5. As novas tecnoloxías: ordenador e internet.
6. Outras actividades relacionadas coa cultura ou co lecer.

Fuente: Galiciaconfidencial.com

R.E.M. se separa

Los miembros de la banda estadounidense han anunciado su disolución en su página web, agradeciendo a sus seguidores todo su apoyo durante los últimos 31 años.

La banda de rock estadounidense R.E.M, nacida en Georgia en 1980, ha anunciado hoy su disolución a través de un comunicado publicado en su página web. Los miembros del grupo, que se convirtieron en una banda de culto en la década de los noventa con el disco Out Of Time, especialmente con el tema Losing My Religion, agradecen el apoyo de sus seguidores durante todos estos años y, uno a uno, explican «por qué ahora».

No hay enfados ni polémica, la banda simplemente ha decidido que es el momento de decir adiós. Según explica en la web oficial del grupo el bajista Mike Mills, durante su última gira, al echar la vista atrás y contemplar los últimos 31 años y sus grandes éxitos, los integrantes de R.E.M. comenzaron a preguntarse: «¿Y ahora qué?». «Hemos tomado esta decisión juntos, de forma amistosa, pensando en lo mejor para nosotros mismos».

«Hemos conseguido algo extraordinario juntos y ahora vamos a seguir otro camino diferente», explica Michael Stipe, vocalista de la banda, agradeciendo todo el apoyo a aquellos que les hicieron llegar a ser lo que ahora son. «Espero que nuestros fans se den cuenta que no fue una decisión fácil, que todas las cosas tienen un final y queríamos hacerlo bien, hacerlo a nuestra manera».

El guitarrista Peter Buck, por su parte, reconoce que se siente orgulloso por formar parte, a través de las canciones de la banda, de la vida de sus fans. «Es un regalo increíble. Gracias». «Me llevo a grandes amigos y sé que me los encontraré en el futuro (…), viendo a un grupo de chicos de 19 años intentando cambiar el mundo.».

Fuente: LaVozdeGalicia.es